publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para os campamentos de verán da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra abre o prazo de solicitude para a inscrición nos campamentos de verán 2015 que se celebran nas instalacións do Centro de Vacacións A Lanzada. Estes campamentos están dirixidos a nenos nacidos entre os anos 2002 e 2007 ambos os dous incluídos e que estean empadroados no municipio de Cerdedo. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 31 de marzo e realizarase nas dependencias municipais onde o persoal do Concello os axudará a cubrir as solicitudes e a preparar a documentación a presentar. O prezo destes campamentos de 10 días de duración é de 83,60 € por neno.
“Trátase dunha excelente oportunidade para que os nenos do interior poidan gozar durante 10 días dunha das praias máis espectaculares de España na Lanzada, e ter contacto con diferentes actividades tanto deportivas, coma de natureza, coma náuticas” declara o Alcalde.
Igualmente celebrarase outro tipo de campamentos, nesta ocasión deportivos nas instalacións de Príncipe Felipe de Pontevedra. Estes campamentos están dirixidos a nenos nacidos entre os anos 2001 e 2008 inclusive e o prezo é de 125 € por neno. Nesta modalidade centraranse principalmente en realizar prácticas deportivas.

7 de marzo de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.