publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O obradoiro de emprego “Alta Limia II” formou en xardinería e albanelería a 20 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSarreaus
A-
A+
Clausura do obradoiro Alta Limia II

Clausura do obradoiro Alta Limia II

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Alta Limia II” organizado conxuntamente polos concellos de Sarreaus, Vilar de Barrio, Trasmiras e Sandiás. Este obradoiro púxose en funcionamento o pasado mes de agosto e nel participaron 20 desempregados como alumnos de xardinería e albanelería.

No acto tamén estiveron presentes os rexedores de Sarreaus, Gumersindo Lamas e Sandiás, Concepción Méndez. Na súa intervención, Rogelio Martínez explicou que iniciativas deste tipo permiten o acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo ao tempo que ofrecen a formación teórica e práctica necesaria para que acaden unha boa cualificación e facilitarlles a súa reinserción laboral. Neste senso, o delegado territorial lembrou que os alumnos reciben hoxe os seus certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, segundo destacou Martínez.

Rogelio Martínez apuntou que nos últimos seis meses se desenvolveron na provincia de Ourense un total de 13 obradoiros que contaron cun investimento de preto de 2.300.000 euros e 339 beneficiarios, entre alumnos e persoal docente e administrativo.
Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos acondicionaron zonas verdes e fontes, amais de rehabilitar edificios dos catro concellos participantes.

20 de febreiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.