publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda acondiciona o firme do camiño do Basteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda iniciou esta semana os traballos de mellora do firme do Camiño do Basteiro, ubicado na parroquia de Santa María de Neda e con saída á Avenida de Alxeciras. O concelleiro de Obras, Roberto Rey, explicou que os operarios están a aplicar unha capa de zahorra nun treito duns cen metros para eliminar baches e acondicionar a pista, que dá servizo a varias vivendas. De feito, a actuación é unha demanda veciñal. Conta cun orzamento de 2.000 euros que se sufragará con fondos propios municipais. Por último, o edil avanza que os traballos concluirán esta mesma semana.

24 de febreiro de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.