publicidade hoxe

O Concello de Cerdedo solicita á Deputación a pavimentación de viais por importe de 70.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O equipo de goberno do Concello de Cerdedo encabezado por JoséBalseiros, reuniuse durante toda a semana co departamento de urbanismo con visitas a tódalas parroquias do municipio para redactar o proxecto co obxecto de detallar suficentemente as obras a realizar nas diferentes parroquias, e tras analizar diversas estradas de titularidade local, acometerá as seguintes actuacións:PAVIMENTACIÓN DA ESTRADA FIGUEROA-SAN MARTIÑO E ESTRADA TRESALDEAS-OS CASTROS.

Os viais obxecto da actuación sitúanse no termo municipal de Cerdedo, sendo de titularidade municipal, en concreto na Parroquia de San Martiño de Figueroa, estrada Figueroa – San Martiño e na Parroquia de Santo Tomé de Quireza, estrada Tresaldeas – Os Castros.

Na actualidade a estrada municipal Figueroa – San Martiño., debido ó paso do tempo e da erosión da auga presentan un mal estado de conservación da superficie de rodadura. Non presentando síntomas de esgotamento estrutural, que de acordo coa norma 6.3 IC Rehabilitación de firmes, xustifique un reforzo estrutural das mesmas, e tendo en conta que non se prevé un crecemento da intensidade de trafico pesado, e suficiente coa rehabilitación superficial do firme.

A estrada municipal Tresaldeas-Os Castros presenta un drenaxe insuficiente da sub base o que afecta o estado da estrada e complica as operacións de mantemento do vial.

Os firmes considéranse firmes flexibles por estar constituídos por capas granulares no tratadas y materiais bituminosos en un espesor inferior a 15 cm.

En xeral pretendese levar a cabo a regularización da capa de rodadura da estrada municipal Figueroa – San Martiño, para elo de acordo co punto 11.2.2 Regularización superficial da 6.3 I.C Rehabilitación de firmes, procederase a eliminación parcial mediante fresado e reposición do firme existente; mentres que na estrada Tresaldeas-Os Castros realizarase a mellora do drenaxe do vial, mediante a limpeza das cunetas e realización dun dren subterráneo en espiña de pez, formado por tres drenes separados 10 m, con unha inclinación respecto do eixo do vial de 60º realizado de acordo co Artigo 6.4.3 transversais da 5.1 I. C. Drenaxe, e procedendo a recompoñer a base e subbase da estrada de acordo co artigo 9.3 Eliminación parcial e resposición do firme existente da instrucción 6.3 IC Rehabilitación de firmes, procedendo a regularización superficial dun tramo de 120 m da capa de rodadura no tramo que actualmente presenta maiores problemas de regularidade superficial.

Como resumo:

Estrada Figueroa – San Martiño.

A actuación consistira en;

Limpeza por medios mecánicos das cunetas da estrada

Fresado da capa de rodadura actual,

Aplicación dun rego de adherencia con emulsión bituminosa cun aporte de 0.5 kg/ m² de emulsión

Aplicación de mezcla bituminosa quente de 5 cm, tipo D12, na capa de rodadura.

Estrada Tresaldeas – Os Castros.

A actuación consistira en;

Limpeza por medios mecánicos das cunetas da carreteira

Fresado da capa de rodadura actual

Excavación por medios mecánicos da subbase para a formación da caixa do drenaxe espiña de pez.

Formación do drenaxe ne espiña de pez

Reconstrucción da base e subbase da estrada

Aplicación dun rego de adherencia con emulsión bituminosa cun aporte de 0.5 kg/ m² de emulsión

Aplicación de mezcla bituminosa quente de 5 cm, tipo D12, na capa de rodadura.

O prazo de execución de cada unha das actuacións será dun mes. Estas actuacións contan cun presuposto que ronda os 70.000 € incluindo tódolos conceptos xa que a actuación será executada por contrata.

O Concello presentounesta semana este proxecto que esperemos que sexa aprobado á maiorbrevidade posible e para elopresentouxatódalascertificacións necesarias tales como a dispoñibilidade absoluta dos terreos e as certificacións de estar aocorrente coas administraciónssupramunicipais.

1 de febreiro de 2015 | 10:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.