publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Monterrei será o viño oficial da Feira do Cocido de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterrei
A-
A+

Este domingo Lalín celebra a 47ª edición da Feira do Cocido, unha festa gastronómica declarada de Interese Turístico que este ano irá acompañado dos viños da Denominación de Orixe Monterrei. Na antesala do carnaval, Lalín festexa a súa tradicional Feira do Cocido. 29 restaurantes participan nesa iniciativa que prevé a chegada a Lalín de 70.000 persoas durante o fin de semana.

Un ano máis, a Denominación de Orixe Monterrei colabora co Concello de Lalín na súa gran festa, como viño oficial da cita. Sendo ademais o viño que se servirá na comida oficial que a organización ofrece a preto de 400 comensais no restaurante do Hotel Torre do Deza.

Para a elección do viño que representará este domingo á Denominación de Orixe Monterrei, o Consello Regulador promoveu un concurso entre as súas adegas. Nel participaron viños tintos novos e con barrica da denominación que foron sometidos á valoración dun panel de expertos, en cata ás cegas. A mostra mellor valorada, que logrou impoñerse coa mellor puntuación, correspondeu ao viño Father 1943 da adega Crego e Monaguillo. Este viño da colleita 2013 e elaborado das variedades Mencía e Araúxa, cun paso por barrica de carballo francés de seis meses, será o que degustarán co cocido os case 400 comensais da comida oficial; no que supón unha excepcional oportunidade de promoción para os viños da Denominación de Orixe Monterrei.

6 de febreiro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.