publicidade hoxe

Mondoñedo e Ferrol lembrarán xuntos a Cunqueiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaMondoñedo
A-
A+

Mondoñedo, coa súa cidade irmá, Ferrol, e como convidado de honra o novo Cronista Oficial da Cidade Antonio Reigosa, lembrarán este xoves, día 26 de febreiro, a Álvaro Cunqueiro, dous dias antes do cabodano da morte do autor de Merlín e Familia.

Con tal motivo, e como xa é tradición, haberá, en primero lugar, a partir das 12.00 horas, unha ofrenda floral no Cemiterio Vello, diante da tumba de Cunqueiro e a continuación os presentes trasladaranse ao Auditorio Municipal Pascual Veiga, onde terá lugar o acto central da xornada.

Un acto no que o inicio da lectura popular a partir das 12.30 horas, correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras. “Si o vello Sinbad volvese ás illas” é o libro elixido para esta ocasión. Unha lectura pública da obra cunqueiriana aberta a todos cantos desexen sumarse a ela e na que participarán alumnos/as do CEIP Álvaro Cunqueiro e do IES San Rosendo.

A xornada rematará ás 13.00 horas, tamén no Auditorio Municipal cun concerto a cargo do músico, autor literario e Catedrático de Lingua e Literatura Galega, César Morán.

24 de febreiro de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.