publicidade hoxe

Cerdedo abre o prazo de inscrición para o Plan Físico Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Unha das actividades que soen desenvolverse en Cerdedo

Unha das actividades que soen desenvolverse en Cerdedo

O Concello de Cerdedo abre un novo prazo de inscrición para aqueles veciños empadroados do municipio que se queiran sumar o Plan Físico Municipal 2015.

As actividades que se están a desenvolver son:
. Para os nenos piscina no veciño concello da Estrada 1 día á semana
. Ximnasia mantemento e aerobic para os adultos: martes e xoves de 18 a 21 h.

“Dende o Concello queremos destacar a importancia que ten a práctica da actividade física para evitar problemas na saúde tales como obesidade, sedentarismo, etc… A insuficiente actividade física é unha das causas principais das enfermidades con maior impacto na actualidade, como son as patoloxías cardiovasculares, a diabete, a hipertensión arterial, a obesidade, o cancro, as enfermidades mentais e as afeccións de ósos e articulacións. É certo que vivimos cada vez máis anos, pero o facemos con peor calidade de vida porque enfermamos cada vez a idades máis temperás e de patoloxías crónicas, que nos acompañarán o resto das nosas vidas.Esta realidade pode cambiar, para iso dende o Concello de Cerdedo adherímonos ao Plan Galicia Saudable para promover a práctica regular da actividade física para mellorar a saúde da cidadanía. Esta iniciativa, impulsada polo Goberno autonómico en colaboración coas principais institucións e organizacións dos ámbitos educativo, sanitario, empresarial e social, afronta o reto de promover un modelo de vida máis activo e situar a actividade física como un instrumento fundamental para ter unha vida máis saudable”, declara o Alcalde.

3 de febreiro de 2015 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.