publicidade hoxe

Cedeira recibirá 157.000 euros para traballos de limpeza, rebacheos e sinalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde de Cedeira, Luis Rubido, destacou esta mañá as actuacións que se levarán a cabo nas próximas semanas nas estradas cedeiresas de titularidade provincial por importe de 157.783,52 euros. Un investimento que se concentrará en traballos de limpeza e roza de cunetas, rebacheos e sinalización, tanto no tocante á incorporación de novas sinais como á sustitución doutras deterioradas ou o pintado sobre a vía. As intervencións proxectadas levaránse a cabo na estrada que une o núcleo urbano co lugar de Chímparra, na parroquia de Santalla (o maior investimento, con máis de 60.000 euros); o vial que conecta San Andrés con A Pedra (22.800 euros) e o que une As Pontigas con Teixido (20.733 euros); a estrada a San Antonio (algo máis de 5.700 euros) e dúas intervencións no vial entre Cedeira e o Campo do Hospital (por 18.102 e 30.100 euros).

Todas e cada unha das actuacións, engadiu o rexidor, inclúense no Plan de Conservación de Vías Provincias de 2015, aprobado a finais de xaneiro en pleno, e teñen por obxectivo garantir a seguridade viaria de condutores e peóns nas estradas de competencia provincial.

O plan, e as actuacións incluídas nel, son o resultado do traballo e o estudo exhaustivo da situación das estradas provinciais polo persoal dependente do servizo de Vías e Obras. Durante todo o ano realizan visitas periódicas ás estradas propiedade da Deputación, co fin de realizar un diagnóstico das necesidades máis urxentes. Así, o plan inclúe agora todas as obras precisas para manter en bo estado as estradas provinciais e garantir a seguridade de condutores e peóns.

4 de febreiro de 2015 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.