publicidade hoxe

A Asociación Cultura Mestre Manuel Gacio organiza un curso de bordado ao aire

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónCalendarioLocal Portada
A-
A+

bordadoO día 7 de marzo de 2015 ás 4 da tarde no Centro de Interpretación Pico Sacro comeza o curso de Borado ao aire, no que os participantes poderán aprender os fundamentos básicos desta técnica.

O obxectivo é que as alumnas desta delicada artesanía aprendan é recuperar o bordado tradicional.

O prezo é de 15€ para os socios e 20€ para os non socios.

Para este curso é necesario o seguinte material:
. Unha esponxa / burro / almofada ( non é máis que un rectángulo de escuma de tapizar de consistencia media-dura) con medidas de 50 x 12 x 8 aproximadamente ( á medida debería ser ao gusto de cada persoa).
. Unha caixa de alfinetes – Agullas finas –
. Fío de bordar.
. Soutache: é ou cordón para facer a base do agremán.
. Cortadillo, do n.º 10
. 6 dedais por alumno. – Como material de apoio é necesario unha tesoira. De ser preciso é posible o uso de dedais e alicate.

Dende a Asociación tamén indican qeu os prezos son aproximados, dependendo do gasto de material que teña cada alumno.

28 de febreiro de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.