publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Traballo e Benestar investiu en emprego en emprego no concello de Ortigueira máis de 300.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal PortadaOrtigueira
A-
A+

A Consellería de Traballo e Benestar ten investido máis de 300.000 euros en diversas liñas de promoción do emprego no concello de Ortigueira durante 2014. De computar as liñas de colaboración nesta materia desde 2009, a cifra total ascende a algo máis de 3 millóns de euros.

Así o sinalou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nunha visita a esta localidade, onde mantivo un encontro cos 12 beneficiarios dos contratos de formación dual que está a financiar a Xunta con case 40.000 euros. Estes contratos están dirixidos a menores de 30 anos en situación de desemprego, e combina un posto de traballo con formación de calidade, que no caso destes contratos acada o 40 por cento da xornada laboral.

Ao remate, os beneficiarios poderán recibir un certificado de profesionalidade de validez nacional que “vai contribuír a mellorar moi significativamente a súa empregabilidade”.

Actualmente, o Goberno galego está a financiar en Galicia un total de 176 contratos de formación dual en 22 concellos distintos e unha mancomunidade, isto é, está apoiando “todas as solicitudes que chegaron dos gobernos municipais” grazas a un investimento de 450.000 euros. Estes contratos súmanse aos que tamén están en marcha con outras entidades e empresas.

Ademais, Mato aproveitou a súa visita ao concello para achegarse ata o novo centro de día da localidade, o primeiro de carácter público que existe no concello, e que está xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Esta instalación comezou a súa actividade a finais de novembro, e xa ten “plena ocupación” nas súas 10 prazas. O Goberno galego inviste 110.000 euros anuais neste centro, que unidos ao mantemento das 50 prazas da Residencia, supoñen un investimento de máis de 1 millón de euros ao ano.

Aínda que destacou estas dúas iniciativas en concreto pola súa novidade, Mato explicou que a colaboración co concello de Ortigueira esténdese a outras actuacións como: dous obradoiros de emprego en 2010-2011 e 2013-2014, cun investimento de 785.000 euros e 48 alumnos; un Plan Integrado de Emprego en 2010-2011, con 60 beneficiarios e 57.000 euros; 6 cursos de formación desde 2009 con 105 alumnos e 242.000 euros de orzamento; a contratación de 6 orientadores laborais con 125.000 euros; a contratación de máis de 220 a través dos plans de cooperación, con 1,8 millóns de euros; a contratación de dous traballadores perceptores da RISGA con máis de 15.000 euros; ou o millón de euros para financiar o Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes nos últimos anos.

Novas prazas 0-3 anos en Cedeira

Mato desprazouse tamén ao concello de Cedeira, onde anunciou que se reformará e ampliará a escola infantil que a rede autonómica ten no municipio. Grazas a estas obras, porase a disposición das familias do concello 22 novas prazas públicas de 0-3 anos, ao aumentar a oferta actual de 60 a 82 prazas. Está previsto investir nesta reforma un total de 75.000 euros.

Con estas novas prazas, a rede da Galiña azul na comarca de Ferrol elevará ata 455 o número de prazas, distribuídas en 7 escolas. En 2009 existían 128 prazas en 2 escolas. Polo tanto, nos últimos anos creáronse cinco escolas e triplicáronse as prazas públicas da comarca.

Ademais, a conselleira avanzou que a escola de Xuvia (Narón) integrarase na rede autonómica a Galiña azul no próximo curso e que xa estará incluída na orde de matrícula que se publicará nas próximas semanas, polo que se sumarán 82 novas prazas ás 455 actuais que hai na comarca.

Pola súa banda, programarase ao longo do próximo curso a apertura do novo centro de Fene, de 41 prazas, unha vez remate a súa construción, que comezou o pasado verán.

A rede autonómica en toda Galicia ten actualmente preto de 9.000 prazas públicas, un 60 por cento máis das que había en 2009. En concreto, na provincia da Coruña, creáronse máis de 1.600 prazas, o que supón un incremento superior ao 90 por cento.

Ademais, no concello de Cedeira, a Consellería de Traballo e Benestar está a financiar con 46.500 euros a contratación de 5 persoas en risco de exclusión social a través da orde de contratación para perceptores da RISGA; con 1,5 millóns de euros o Servizo de Axuda no Fogar para a Dependencia no concello desde 2009; e con 200.000 euros un total de 4 accións formativas nos últimos anos, que contaron 60 beneficiarios.

9 de febreiro de 2015 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.