publicidade hoxe

A batalla dialéctica dos ‘Xenerais da Ulla’ en Bama alerta sobre o risco do yihadismo para Occidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Batalla dialéctica dos Xenerais da Ulla

Batalla dialéctica dos Xenerais da Ulla

O risco do yihadismo apara a civilización de Occidente centrou este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Bama, Concello de Touro, no xa tradicional ‘domingo de corredor’.

“A relixión e a guerra/ fariades ben en separar/ posto que ningún deus/ que eu saiba, manda matar”. Así comezou a batalla o ‘xeneral’ que representou a Occidente. E o ‘xeneral’ árabe contestoulle: “A fe move montañas/ sempre oímos dicir/ e teñan vostedes presente/ que non temos medo a morrer”. O xeneral que representou a Occidente replicou: Témolo ben sabido/ a terceira guerra mundial/ será contra o terrorismo”.

A parroquia de Bama, en Touro, acolleu hoxe domingo, día 8 de febreiro, a cita do tradicional Entroido del Concello de Touro. Seguirano o día 17 de febreiro, martes de Carnaval, o Entroido de Fao, última cita do Entroido de Touro. Centos de persoas, moitas delas disfrazadas, acudiron a unha celebración na que os protagonistas foron os ‘xenerais do Ulla’. O día soleado encheu o campo da festa de Bama de veciños e forasteiros. A ‘parranda’, composta por medio centenar de mozos da parroquia disfrazados, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída ao carnaval de Bama. Subiron ao palco instalado no campo da festa de Bama e alí interpretaron unha coplas con axuda do público.

Logo chegou a hora dos ‘Xenerais da Ulla’. No centro do campo da festa enfrontáronse dialécticamente por parellas. Os temas que sacaron foron máis de corte internacional. Non faltou o risco que presenta Occidente ante a ameaza yihadista. O combate comezou ás 17.00 horas e durou algo máis de media hora. A continuación chegou a quenda de ‘a vellada’, onde os maiores da parroquia representaron os políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, apareceron os ‘frades’ que afrontan o ‘pregón do frade’, coplas que contan o que preocupa aos mozos da parroquia. A festa continuou durante toda a tarde.

8 de febreiro de 2015 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.