publicidade hoxe

O Concello de Touro acondiciona o acceso á Fonte de San Breixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Vial acondicionado

Vial acondicionado

O Concello de Touro acondicionou e rehabilitou o acceso á Fonte de San Breixo, denominada tamén Fonte do Santo, na parroquia de Foxás. Neste lugar celébrase a tradicional Romería de San Breixo, que é en honra a Santa Lucía e que todos os outonos, no mes de outubro, cita no campo da festa a romeiros e romeiras de toda a comarca de Santiago. É xa tradición que trala misa, que se celebra la igrexa parroquial de Foxás, teña lugar unha festa campestre con degustación de pulpo á feira.

O Concello de Touro empregou fondos municipais para arranxar o acceso que vai dende o campo da Festa, pasando por diante da Igrexa de Foxás, ata a Fonte de San Breixo. A constructora Couto Fandiño dotou de hormigón este camiño que sirve de acceso ós romeiros e veciños.  E que xa poderán utilizar. O proxectvo estivo presupuestado en uns 9.000 euros. Coincidindo coa Romería de San Breixo tamén se celebra un Encontro Cabalar e Concurso de Pura Raza Galega.

23 de xaneiro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.