publicidade hoxe

O centro municipal de informática de Celanova ensina a sacarlle maior partido aos teléfonos móbiles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

A aula municipal de informática e Celanova retoma a súa actividade centrada na divulgación e posta ó servizo da informática para tódolos sectores sociais e para tódalas idades, ofrecendo, entre outros, un curso destinado a amosarlle ós usuarios dos teléfonos móbiles máis estendidos na actualidade, como son os “smartphone”, tódalas posibilidades de uso que teñen para a vida cotián máis alá do propio servizo telefónico e que moitas veces fan que sexan infrautilizados polos seus pousidores, simplemente por non seren conscientes de todas esas posibilidades que os aparatos posúen.

Este curso terá lugar esta mesma semana, durante os días 15 e 16, en horario de tarde e cunha duración total de 8 horas.

O resto dos cursos que serán ofrecidos ó longo de todo o mes, son os que se relacionan de seguido, en todo caso ofrecidos de forma gratuíta e en diversos horarios co fin de facer chegar as novas tecnoloxías a tódolos usuarios potenciais e adaptar as mesmas ós diferentes horarios deses potenciais usuarios.

CURSOS DE FORMACIÓN

Curso: “Interactuando coas TICS”

Tipoloxía: Ferramentas da Web 2.0

Data da realización: Dende o 8 ó 14 de Xaneiro

Horario: 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Duración: 30 horas

Destinatarios: Cidadanía en xeral que sea usuario da Rede CeMIT

Prazas: 12 prazas

Estado de peche: Actividade Aberta

Curso: “Configura o teu smarphone; busca, instala e usa as Apps que máis se axusten as túas necesidades”

Tipoloxía: Configuración de dispositivos e uso de aplicacións móviles

Data da realización: 15 e 16 de Xaneiro

Horario: 16:00 a 20:00 horas

Duración: 8 horas

Descripción: Tipos de dispositivos móbiles; Plataformas de dispositivos móbiles; Configuración inicial dun dispositivo Android; Características e ferramentas do sistema operativo; Uso básico do dispositivo; Teléfono e contactos; Acceso a Internet; Cámara e álbum de fotos; Aplicacións e uso na vida cotiá;Localización, instalación e configuración de apps; Desinstalar apps e borrar arquivos; Acceso á nube para o almacenamento de información; Xestión do tempo en Android: Calendario e Alarmas; Redes sociais; Geolocalización; Correo electrónico; Publicidade nas aplicacións; Virus/Antivirus nos dispositivos; Copias de seguridade. Recuperación de datos

Destinatarios: Cidadanía en xeral que posúa un smarphone con acceso a Internet

Prazas: 10 prazas

Estado de peche: Actividade Aberta

Curso: “Iniciación a Informática e a Internet”

Tipoloxía: Formación Dixital Básica

Data da realización: Dende o 19 de Xaneiro ó 3 de Febreiro

Horario: 10:00 a 12:30 horas

Duración: 20 horas

Descripción: I Acender e apagar correctamente o ordenador II. Manexar o rato e teclado con soltura III. Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo IV. Aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, …) V. Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB) VI. Crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos. VII.Primeiros pasos en internet . IX Crear conta de correo electrónico.

Destinatarios: Cidadanía en xeral sen coñecementos en informática

Prazas: 10 prazas

Estado de peche: Actividade Aberta

Curso: “Perfeccionamento en Informática Básica”

Tipoloxía: Formación Dixital Básica

Data da realización: Dende o 19 de Xaneiro ó 2 de Febreiro

Horario: 16:00 a 18:30 horas

Duración: 16 horas

Descripción: Seguir profundizando no aprendizaxe do uso das novas tecnoloxías e adquirir destrezas no manexo do computador.

Destinatarios: Cidadanía en xeral con coñecementos mínimos no manexo do computador, ou realizara con anterioridade algún curso de formación de informática

Prazas: 10 prazas

Estado de peche: Actividade Aberta

Curso: “Internet para maiores”

Tipoloxía: Formación Dixital Básica

Servicio: Busca de información na internet (persoas maiores)

Data da realización: Dende o 20 de Xaneiro ó 5 de Febreiro

Horario: 16:00 a 19:00 horas

Duración: 18 horas

Descripción: Capacitación no uso de ferramentas de busca de información en internet, con pedagoxía adaptada a persoas maiores

Destinatarios: Xubilados e prexubilados sen coñecemento na navegación pola Internet

Prazas: 10 prazas

Estado de peche: Actividade Aberta

13 de xaneiro de 2015 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.