publicidade hoxe

Novo roubo de árbores en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTomiño
A-
A+

A Fundación Xavier Pousa publicou na súa páxina de Facebook unha denuncia polo roubo (o segundo xa) das árbores e arbustos plantados dentro das accións previstas no proxecto de recuperación ambiental e paisaxística “Cultivando Paisaxes”, levado a cabo co apoio do Concello de Tomiño e AcuBam (Asociación Cultivos Baixo Miño).

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, manifestou que comparte a indignación da Fundación, “pero non nos vencerán no noso empeño de poñer Tomiño fermoso. Grazas aos viveiristas e á Fundación…xuntos lograrémolo”.

23 de xaneiro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.