publicidade hoxe

Leo Harlem vendeu o 83% das entradas para a actuación do 7 de febreiro no auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

Leo Harlem volverá a colgar o cartel de “completo” na actuación que ten previsto levar a cabo o día 7 de febreiro no Auditorio Municipal, xa que a catro semanas do espectáculo, o monologuista leonés xa ten vendido o 83% do aforo. A día de hoxe quedan dispoñibles tan só 125 localidades que os interesados deberán apresurarse por adquirir se non queren perderse o “Trendingtroching”.

Leo Harlem xa enchera de arriba a abaixo o patrio de butacas do Auditorio na súa primeira actuación en Vilagarcía hai un par de anos, algo que volverá a acontecer o próximo 7 de febreiro cando estreará en Vilagarcía o seu último espectáculo que leva por título “Trendingtronching”. E para troncharse promete ser o show no que o famoso monologuista contará co acompañamento do humorista Serxio Olalla.

O leonés regresa á capital arousá a través de Etiqueta Negra, unha promotora de espectáculo que traballa de xeito asiduo co Concello de Vilagarcía para traer ao Auditorio aos monologuistas máis importantes do panorama nacional. De feito no mes de marzo tamén actuará no Auditorio da man desta compañía o coruñés Luis Piedrahita. “O rei das cousas pequenas representará o seu monólogo “El español es un idioma loable, lo hable quien lo hable”. As entradas tamén están xa á venta.

12 de xaneiro de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.