publicidade hoxe

Concello e Asociación de Empresarios de Miño asinan un convenio para dinamizar o comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Presentación da campaña "Gaña mercando en Miño"

Presentación da campaña “Gaña mercando en Miño”

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, e o presidente da Asociación de Empresarios de Miño, José Pousada Cubeiro, asinaron hoxe un convenio cuxo obxecto é fomentar e promover o Entroido en Miño, asi como promover e revitalizar o comercio miñense. Á firma asistiron o primeiro tenente de alcalde, Antonio Bernardo e o secretario da asociación, Ricardo Grueiro.

Por medio deste acordo, o Concello de Miño outorgará á asociación unha subvención de 2.500 euros para levar a cabo a realización de diferentes campañas e actividades, sumadas á programación de actividades do Entroido 2015.

O alcalde de Miño destaca e agradece o gran papel dinamizador que desempeña a asociación e que con iniciativas como as desenvolvidas “Gaña mercando en Miño”, entre outras, se promoven condicións mais favorables para o desenvolvemento económico miñense e a creación de emprego no municipio. Jesús Veiga recoñece, ademais, o esforzo diario dos empresarios e comerciantes miñenses para atender, con calidade e eficiencia, aos clientes que os visitan de Miño e de toda a bisbarra.

30 de xaneiro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.