publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bóveda érguese como exemplo de concello emprendedor capaz de fixar tecido industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBóveda
A-
A+
Francisco Conde na visita ao parque empresarial de Bóveda

Francisco Conde na visita ao parque empresarial de Bóveda

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o parque empresarial de Bóveda, onde resaltou a importancia desta infraestrutura que está a impulsar o Concello en colaboración coa Xunta, facendo de Bóveda un municipio “emprendedor” “capaz de fixar tecido industrial na comarca”.

Neste sentido, o titular de Economía e Industria sinalou que a aposta por este tipo infraestruturas vese reforzada pola Axenda da Competitividade Industrial, Galicia Industria 4.0. Un documento que o Goberno galego está a consensuar cos diferentes axentes económicos e que conta, entre as medidas xa en marcha, coa rebaixa no custo do solo industrial.

“De feito, as empresas interesadas en instalarse neste parque contan cunha rebaixa do 50% no custo do metro cadrado”, incidiu Conde, quen subliñou que este apoio se suma ás axudas que ofrece o Igape co obxectivo de facilitar o financiamento dos proxectos interesados en iniciar a súa actividade no polígono industrial, xerando riqueza e emprego na comarca.

Así mesmo, explicou Conde, a Consellería de Economía e Industria impulsou este ano, en colaboración co Concello, a mellora dos viais de polígono, unha actuación que redunda en beneficio da competitividade das súas empresas.

Esta cooperación municipal, explicou o conselleiro, esténdese a outros ámbitos distintos. Neste sentido, a colaboración con Bóveda ten permitido mobilizar, nos últimos 6 anos, preto de 5 millóns a través de diferentes actuacións que contribúen ao seu desenvolvemento económico e social.

Unhas actuacións entre as que Conde destacou o apoio ao comercio de proximidade como un sector de vital importancia na economía da vila, ou as iniciativas de aforro e eficiencia enerxética , que están a permitir aforrar máis de 26.000 euros ao ano no municipio.

Visita a Meles Anta

No transcurso da visita ao parque empresarial, o conselleiro coñeceu as instalacións da empresa Pazo de Lusío – Meles Anta. Esta compañía está a aproveitar os servizos que ofrece o polígono e a súa proximidade ás principais vías da zona para axilizar a súa distribución de mel e polen ecolóxicos. A boa comunicación do parque facilita o labor dunha empresa que exporta preto do 90% da súa produción a países do mercado europeo como Alemaña, Francia ou Dinamarca, e a outros destinos como Arabia Saudita.

Neste sentido, explicou Conde, Meles Anta configúrase como un “exemplo claro da vocación de emprendemento, da vocación industrial e de internacionalización dunha empresa que está sendo capaz de fixar tecido industrial en Bóveda, desenvolver un produto moi competitivo, e ter presenza noutros mercados”.

30 de xaneiro de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.