publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Bande presenta a súa programación de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

O Concello de Bande planificou unha intensa actividade para a celebración de Entroido no municipio. Os actos darán comezo o sábado 31 de xaneiro coa visita dos Troteiros ás aldeas do Concello, con saída dende a propia Casa Consistorial ás 9.45 h.

O domingo 15 de febreiro, ás 11.00 h. os Troteiros sairán dende a praza da Constitución polas rúas de Bande. Animación co grupo “Os gaiteiros de Cadós”. Ás 17.00 h. será o momento do desfile de comparsas e carrozas coa actuación das charangas de Bande e Bandefesta; con premios para as mellores carrozas e comparsas.

O luns 16 de febreiro, ás 17.00 h. terá lugar a festa infantil de disfraces no Salón de Actos da Casa do Concello.

O martes 17 de febreiro, ás 11.00 h. os Troteiros volverán a saír polas rúas de Bande acompañados polo grupo “Os gaiteiros de Cadós”. Ás 17.30 h. será o momento do baile de máscaras coa actuación da Charranga Os Bandiños, con premios individuais e de grupo.

A programación rematará o mércores 18 de febreiro ás 20.00 h. co Enterro da Sardiña con capuchóns e viúvas e coa participación da Charanga de Bande. A continuación serviranse uns pinchos.

26 de xaneiro de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.