publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Preséntase o Partido Solidario do Combinado da Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSanta Comba
A-
A+
Presentación do partido solidario

Presentación do partido solidario

O diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, coa colaboración da Cruz Vermella de Vimianzo, o Concello de Santa Comba, Ferroatlántica e o Coruxo F.C., está a organizar o Partido Solidario (que non benéfico) do Combinado da Costa da Morte contra o equipo vigués da 2ª División B.

Onte tiña lugar a presentación no Museo Terra do Xallas, no Concello de Santa, coa presencia de Alberto Pose como representate desta casa, a alcadesa María José Pose, e a técnica da Cruz Vermella Vimianzo Noelia Quintáns. Alberto Pose explicou o obxectivo do partido, que non é outro que o de mercar roupa deportiva para os cativos dunhas 80 familias das comarcas de Xallas e Soneira.

Un partido que se disputará o martes 30 de decembro ás 20:30h en Fontenla, Santa Comba. E será entre o Combinado da Costa da Morte e un dos mellores equipos de Galicia, como é o Coruxo F.C. Un Coruxo que ademais conta nas súas filas cun membro costeiro, como é o sue segundo adestrador Miguel.

O Combinado costeiro, seguindo a liña do partido realizado en Baio durante o verán e contra o Fabril, sae das votacións que 140 persoas relacionadas co Fútbol da Costa realizaron durante o pasado curso, e que culminaron coa entrega dos Premios aos Mellores Xogadores da Costa na Gala-QPC celebrada en Dumbría.

Fila 0

E para que non poida achegarse ata Santa Comba, a organización abre a posibilidade de que todo aquel que queira poñer o seu gran de area para colaborar, o poida facer a través da Fila 0, do número de conta da Cruz Vermella Vimianzo: – Nº de conta: EUR 2080-0082-45-3040003688.

A entidade Ferroaltántica, que xa axudou na posta en marcha do combinado aló por xuño, xa anunciou que colaborará aportando fondos. Esperemos que outras entidades tamén o fagan.

A convocatoria

E unha das cousas máis importantes, como dicimos esta selección, que dirixirá Manu Roque, escollido Mellor Adestrador da temporada pasada, acompañado por Óscar Leis como segundo, foi escollida seguindo a liña da elección do ano pasado, deixando paso algúns veteranos a novas incorporacións.

• Porteiros: Julián (XSC) e Pombo (Malpica).

• Lateral Dereito: Rubén Forján (XSC) e Adrián (Malpica).

• Lateral Esquerdo: Oscarín (XSC) e Pereiro (Zas).

• Centrais: Aarón (XSC), Chúa (Outes), Iago (Dumbria) e Álex (Castriz).

• Medios: Brais (Corme), Lucas (Corme), Jota (Xallas) e Diego Cespón (Dumbría).

• Interior Dereito: MC (Baio) e Recarey (Ponteceso).

• Interior Esquerdo: Iván Rojo (Sofán) e Toniño (Corme).

• Dianteiro: Javi Suárez (Baíñas), David Blanco (Zas), Adrián Makaay (Dumbría) e Juan de Dora (Dumbría).

Sorteos

E para animar á xente a acodir ao campo do Fontenla o vindeiro martes, o equipo de Deportes de QPC estamos conseguindo camisetas de equipos de 1ª División asinadas para sortear durante o descanso. Polo de pronto, sortearemos as do Deportivo, Barcelona, At. Madrid, Madrid, Mallorca, Manchester City, a de Rubén, porteiro do Almería, a do xalleiro no Sabadell de 2ª, Víctor Espasandín e algunha máis.

A entrada será á vontade, e podedes tamén acodir con alimentos, pois a Cruz Vermella tamén solicita a colaboración na colleita de alimentos.

23 de decembro de 2014 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.