publicidade hoxe

O Nadal concíliase en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Pensando en axudar a conciliar a vida laboral e familiar nestas próximas datas do Nadal, o Concello de Cabanas por medio da súa Concellería de Servizos Sociais e coa subvención da Deputación da Coruña porá en marcha a actividade “Nadal en Cabanas”. Trátase esta actividade dunha proposta enmarcada dentro do programa “Cabanas Concilia” e nela ofertarase un espazo que garanta a conciliación no seo das familias participantes, creando ademais un espazo lúdico no que as nenas e nenos do municipio poidan gozar dunha programación de actividades divertidas e creativas que convertan ás vacacións de Nadal na mellor das aventuras.

Do mesmo xeito buscarase con esta actividade facilitar técnicas, ferramentas e habilidades artísticas para un maior desenvolvemento da personalidade dos nenos e nenas, fomentar hábitos de vida saudables e promover valores e actitudes arredor da solidariedade, o consumo responsable e a ecoloxía a partires de dinámicas lúdicas.

Nesta actividade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os doce anos, levándose a cabo no C.E.I.P. Eladia Mariño entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro nos días lectivos entre as 9:00 e as 14:00 horas. Os que estean interesados en tomar parte inda poden solicitar a súa inscrición ata o 18 de decembro.

16 de decembro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.