publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Covelo solicita a mellora da seguridade viaria en dúas estradas do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloPontevedra
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, con quen analizou varias demandas do municipio en relación a melloras na seguridade viaria.

De feito, o alcalde solicitou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura continuara coa mellora do firme e reasfaltado da PO-255, a estrada que une Ponte Caldelas con Fornelos, Covelo e A Cañiza, en concreto ao seu paso pola parroquia de Piñeiro-As Estacas, de cara a “mellorar os asfaltados neste punto do municipio”.

Tamén solicitou ante o delegado territorial que se leven a cabo melloras da seguridade viaria e a ampliación do aparcadoiro no entorno da praia fluvial de Maceira, “dado que en verano hai importantes aglomeracións de visitantes e turistas que queren gozar desta zona e que teñen que aparcar os seus vehículos na estrada, provocando importantes inconvenientes e problemas no tráfico. Necesitamos que se mellore, por tanto, o acceso a esta zona de ocio e lecer”, explicou o rexedor de Covelo.

Neste senso, Cores Tourís trasladoulle que dará conta das súas solicitudes á Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra de cara a que os técnicos acudan nos próximos días ata estes puntos e comproben as necesidades demandadas polo alcalde.

17 de decembro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.