publicidade hoxe

Ethel Váquez avanza o inicio dos trámites expropiatorios para a mellora da estrada entre Santa Comba e Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+
Ethel Vázquez en Santa Comba

Ethel Vázquez en Santa Comba

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, avanzou hoxe o inicio dos trámites expropiatorios necesarios para a primeira fase da mellora da estrada entre Santa Comba e Santiago de Compostela. Así, segundo sinalou, o Diario Oficial de Galicia publicará mañá o inicio do procedemento de expropiación dos terreos afectados polo proxecto de execución do treito da actuación entre o Polígono Empresarial e Abuín desta actuación, co obxectivo de licitar e contratar as obras en 2015, unha vez conclúa o proceso expropiatorio.

Ethel Vázquez concretou que este tramo da estrada entre Santa Comba e Santiago de Compostela é o que concentra a maior parte do tráfico e que a actuación de mellora nel suporá un investimento de 3 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Máis compromisos

A responsable de Medio Ambiente do Executivo autonómico trasladoulle a nova alcaldesa o compromiso de manter a colaboración na execución dun novo acceso á depuradora; e estanse a sentar as bases para ampliar o parque empresarial do Concello no momento en que se constate demanda.

Durante a xuntanza, Ethel Vázquez tamén fixo un repaso dos últimos investimentos realizados neste municipio por parte da Administración autonómica como os máis de tres millóns de euros investidos no saneamento e a depuradora de Santa Comba; os 230.000 € no abastecemento de auga a Pedreiro; ou a reparación da ponte sobre o río Xallas en San Salvador, que contou cun orzamento de 380.000 €. Ademais da mellora do firme da AC-400, actuación que xa se iniciou e que se continuará no ano 2015, esta obra suporá un custe de 500.000.

9 de decembro de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.