publicidade hoxe

Os xóvenes de Touro asisten á obra de teatro ‘Merlín’ na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

Un nutrido grupo de mozos de Touro, entre o seis e os 16 anos, asistiron onte mércores e asistirán tamén hoxe á función teatral da obra ‘Merlín’, que corre a cargo do grupo Os quinquilláns. Os mozos pasaron unha agradable función teatral. Así foi presentada a obra: “Furaventos chega coa sua dorna á praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa donde, grazas ás mazás da inmortalidade, Merlín, Morgana e o rei Artur levan vivindo 1.500 anos. O noso intrépido Furaventos terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nun se sabe o que pode ocorrer”.  O Concello de Touro aposta pola promoción do teatro na súa oferta formativa e cultural para os máis novos. Esta actividade desenvolveuse na Casa da Cultura, inaugurada o pasado día 22 de novembro.

28 de novembro de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.