publicidade hoxe

O presidente da Deputación da Coruña visita o Dolmen de Dombate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabana de Bergantiños
A-
A+
Diego Calvo na visita ao Dolmen de Dombate

Diego Calvo na visita ao Dolmen de Dombate

O presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou hoxe o concello de Cabana de Bergantiños con motivo da Romaría de Inverno. O titular provincial visitou nun primeiro momento o Dolmen de Dombate, propiedade da Deputación da Coruña, onde estaba previsto celebrar o evento cos colexios deste e doutros concellos da comarca, pero debido ás inclemencias do tempo, os actos trasladáronse ao pavillón municipal.

Alí Diego Calvo compartiu un tempo cos nenos de entre 3 a 6 anos que foron disfrazados de época para recrear unha romaría tradicional galega. Os pequenos  comeron castañas e gozaron dunha sesión de contacontos. A festa completouse con música  a cargo de Ce Pantasma.

11 de novembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.