publicidade hoxe

O Grove recibiu a visita de máis de 3.300 turistas no mes de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O total de visitantes que pasaron pola Oficina de Turismo do Grove no mes de outubro foi de 3.379 persoas. Un 75% dos cales achegáronse dende as provincias de España, un 8% estranxeiros e o resto galegos.

Para un 40% foi a primeira vez que se achegaban a O Grove e un 60% xa estiveran en máis ocasións. Case un 70% aloxáronse en algún hotel e tamén ese mesmo tanto por cento achegouse ata esta vila pola celebración da Festa do Marisco. Un 14% destacou que a súa motivación foi coñecer a natureza e paisaxe da zona. 20 persoas pasaron por aquí de peregrinaxe a Santiago de Compostela.

A maioría chegou en coche, un 21% en autobús e un 12% en avión. Case un 22% quedou no Grove 3 días e un 10% non se aloxou no Grove.

3 de novembro de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.