publicidade hoxe

Cotobade promove novas actividades para este inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

Para os mais cativos este 29 de novembro poderán participar no Obradoiro de Astronomía, que terá lugar na Biblioteca Pública de Tenorio, e en colaboración co Asociación Astronómica Sirio.

O obradoiro de astronomia é a aportación do Concello ao mes da ciencia e ten como obxectivo que a mocidade se faga unha idea intuitiva das enormes distancias no Universo, as proporcions de tamaños dos planetas, de éstos coas estrelas, das distancias entre estrelas e galáxias etc.

Para o fomento da práctica deportiva: Ximnasia de Mantemento en Carballedo, non se establecen requisitos de acceso nin cuotas. Todo aquel que queira adicar un pouco de tempo a mellorar o seu benestar físico ten unha cita os luns e mércores a partir das 20:00 no pavillón de Carballedo.

Comezase o día 01 de decembro e as prazas son limitadas.

Para a mellora da empregabilidade: Faise unha convocatoria para todas as persoas que non estean en posesión do título de Graduado en ESO.  

Unha vez que se forme grupo, estableceranse unhas clases de apoio para a presentación das probas libres de obtención do título.

21 de novembro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.