publicidade hoxe

Convócase un novo curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos en Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior pon a disposición dos seus veciños un novo curso formativo a través da súa Oficina de Información Xuvenil (OMIX). Trátase dun ciclo de preparación para a obtención do Carné de Manipulador de Alimentos de tres horas de duración. Dirixido a maiores de 16 anos, o curso impartirase nunha soa sesión no edificio Multiusos de Arcade o próximo día 28 en horario aínda por convir. Esta acción formativa está encadrada dentro do plan municipal para combater o desemprego entre a mocidade do municipio.

Durante o curso abordaranse conceptos como a correcta e hixiénica conservación dos alimentos, as enfermidades de orixe alimentaria, o lavado e desinfección dos utensilios ou o estudo das principais dependencias onde se prepara e se serven alimentos. O prazo de inscrición termina o 25 de novembre e a matrícula ten un custo de 10 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e de 16 euros para o resto alumnos.

Os interesados en recibir máis información ou realizar a matricula neste ciclo poden facelo chamando ao teléfono 986 700 822 ou nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes en horario de 15:30 a 20:30 horas salvo os mércores, que será de 09:00 a 14:00. Con esta oferta formativa o Concello de Soutomaior pretende combater o desemprego facilitando aos seus veciños a oportunidade de actualizar o seu perfil profesional e aumentar a súa formación básica.

21 de novembro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.