publicidade hoxe

Adxudícase unha nova actuación para a mellora dos accesos ao matadoiro comarcal do polígono de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de adxudicar a semana pasada unha nova actuación consistente na mellora dos accesos ao Matadoiro Mancomunado situado no polígono industrial de Xarás.

A empresa clasificada en primeiro lugar resultou ser Nemesio Ordóñez, S.A., conforme a unha oferta económica de 86.453,34 euros. O prazo de execución e dun mes.

O obxectivo fundamental deste proxecto reside en mellorar a pavimentación existente nos accesos ao matadoiro, cun firme hoxe en día moi deteriorado como consecuencia das fortes choivas que caeron este inverno.

Neste senso, as obras a realizar consisten no acondicionamento da superficie a pavimentar, perfilando, nivelando e compactando a explanada, a aplicación dunha base granular de 10 centímetros de zahorra artificial, a aplicación dun tratamento superficial con emulsión asfáltica ECR-1 e a aplicación dunh capa final de mestura en quente de 6 centímetros de espesor. Todo isto, ademais de perfilar o talud existente e a formación de cunetas.

Previo á realización das pavimentacións previstas, instalarase unha tubaxe para a drenaxe de pluviais conectada ás arquetas e cunetas proxectadas, co dobre obxectibo de evitar que a auga de chuvia se acumule nas zonas de acceso.

18 de novembro de 2014 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.