publicidade hoxe

“A Ratoeira”, de Agatha Christie, será a próxima función de Tempo de teatro en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarral
A-
A+

A compañía de teatro afeccionado O Aturuxo de Melpómene presentará este sábado en Tabeaio a obra de Agatha Christie A ratoeira. A representación está incluída no ciclo Tempo de Teatro que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

A función será no local Xente Nova de Tabeaio, ás 7 da tarde,  en lugar das 9 da noite como estaba anunciado. O cambio de hora débese a motivos alleos á vontade do Concello de Carral.

A entrada a todos os espectáculos é de balde ata completar o aforo.

As próximas obras de Tempo de Teatro serán A vida na charca de Folerpas Teatro, Otros amantes de Charamusca Teatro, e a obra infantil Nuncabunga de Elefante Elegante.

Sinopse de A Ratoeira: A Casa Grande do Pozo dos Monxes abre as súas portas aos primeiros hóspedes, ao tempo que a radio informa da posibilidade de quedaren illados pola neve. A neve chega, e con ela un crime. Ese manto branco, sempre tan puro e tan pacífico, pon as cousas difíciles… ou moi doadas.

20 de novembro de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.