publicidade hoxe

Ferrol acollerá o partido de fútbol amigable entre as seleccións sub-21 de España e Bélxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrol
A-
A+
Presentación do encontro España - Bélxica

Presentación do encontro España – Bélxica

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, participou esta mañá na presentación do partido de fútbol que disputarán as seleccións nacionais sub-21 de España e Bélxica na cidade naval. Este encontro deportivo se celebrará o vindeiro 12 de novembro no estadio municipal de A Malata. Neste acto de presentación tamén estiveron o presidente en funcións da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; o delegado local da entidade galega, Manuel Mesa García; e o seleccionador nacional sub-21, Albert Celades López.

Jose Manuel Rey manifestou a súa satisfacción pola posibilidade de que Ferrol acolla una partido internacional da selección española de fútbol, pero insistiu en que a principal liña de traballo da Concellería de Educación e Deportes é o apoio ao deporte base e de formación. O rexedor municipal subliñou a relevancia que ten para a promoción da cidade a celebración de grandes eventos como o será este encontro de fútbol, e se amosou convencido de que a gran afección a este deporte que aí en Ferrol e comarca acudirá a presencialo partido. “Ferrol é unha cidade cunha gran tradición na práctica do deporte en xeral, e do fútbol en particular”, apuntou Jose Manuel Rey. Ademais, desexou que o partido internacional que enfrontará as seleccións de España e Bélxica “sexa unha xornada festiva para todos os que acudan ás instalacións de A Malata a presencialo”.

Por último, o primeiro edil da cidade subliñou o feito de que se escolla Ferrol para este partido internacional da selección española sub-21, pon de manifesto que “dispoñemos dunhas instalacións deportivas magníficas para a celebración dun evento destas características”.

 

30 de outubro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.