publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

David Amor colocará ao Rosal ‘Fóra de sitio 3.0.’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaO Rosal
A-
A+

David, o polifacetico humorista, que segue compaxinando a noite nos escenarios e as tardes co seu deporte favorito, o balonmán, estará o próximo 29 de Novembro as 22:30 no auditorio de O Rosal, nun acto organizado polo Acanor Novás. As entradas, que teñen un prezo de 10 euros anticipada e 12 en taquilla, podense comprar en O Rosal (Administración de Loterías, Comercial Erredos, A Competencia e A Rotea), A Guarda (Singular Disco Lounge, Bar Barros e Acanor) e Tomiño (Mapfre e Carnicería Florentiña).

O monologuista, que comezou a sua carreira na TVG, canle na que pasou por diferentes programas (Luar e Supermartes entre outros), deu fae un lustro o salto ao panorama nacional, no que compaxinaba diversas funcións nas mellores salas do país, coas suas participacións en programas da repercusión do Club da Comedia ou o Club do Chiste. Foi neste último no cal foi apodado coma o ‘Duque galego’, ainda que el duda da bondade de ese nomeamento, xa que o único duque que coñece David é Marichalar, e que te comparen con el…

Actualmente, traballa para a serie Gyn Tony de Cuatro, logo de pasar por ‘Buena Gente’.

30 de outubro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.