publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analiza visita os traballos de acondicionamento do entorno do embarcadoiro de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecentePontevedra
A-
A+
Cores Tourís en Crecente

Cores Tourís en Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou recentemente o concello de Crecente, para, en compaña da alcaldesa da localidade, Marisol Gómez, analizar as necesidades de mellora do entorno do embarcadoiro do Miño situado neste municipio.

O delegado territorial estudou así coa alcaldesa de Crecente a demanda que lle foi presentada á rexedora polos pescadores da parroquia de Filgueira en relación á mellora deste entorno.

Cores Tourís e Marisol Gómez comprobaron o estado dos peiraos situados neste embarcadoiro. “O obxectivo dos traballos que demandamos é o acondicionamento deste entorno, xa que ao mellorar os peiraos tamén poderíamos mellorar o servizo ás 8 embarcacións que os usan nesta zona”, explicou a alcaldesa.

“Deste xeito, repararíanse os peiraos, cambiándose as pranchas dos mesmos que se atopan en mal estado”, engadiu Gómez. Pola súa banda, o delegado territorial asegurou que dará traslado da demanda aos técnicos da administracións autonómica de cara a analizar á viabilidade das obras.

31 de outubro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.