publicidade hoxe

Clausúranse na Pobra do Caramiñal as xornadas de homenaxe a Valle-Inclán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do Caramiñal
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse hoxe á ofrenda institucional en recordo de Ramón María del Valle-Inclán que tivo lugar na Pobra do Caramiñal, no día en que rematan as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que se veñen desenvolvendo na localidade desde o pasado 3 de outubro.

No acto de homenaxe, no que tamén participou o Concello de Vilanova de Arousa, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse a Valle-Inclán como “un dos renovadores máis singulares da literatura universal, un escritor de discurso inconfundible e destacado exemplo da nosa capacidade expresiva”.

Tras a ofrenda floral, tivo lugar unha visita á exposición ‘Valle-Inclán: retratos, caricaturas e visións’, con obras da colección que o artista Siro López lle douu recentemente ao Museo Valle-Inclán.

Programación cultural centrada en Valle-Inclán

A ofrenda enmarcouse nas Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, que comezaron o pasado 3 de outubro na Pobra do Caramiñal e que rematan hoxe, ás 20:30 horas, co espectáculo sonoro ‘Sonata do sono. Melodías para o acougo con textos de Valle-Inclán’, que terá lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán.

A programación destas xornadas de homenaxe, que celebran este ano a súa décimo sexta edición, realízanse no mes do nacemento do escritor e ao abeiro do protocolo de colaboración asinado en 2013 pola Consellería de Cultura e Educación e os concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, co fin de cooperar na divulgación da obra de Valle-Inclán e de poñer en valor a súa figura.

31 de outubro de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.