publicidade hoxe

Calidade e atención personalizada: premisas básicas das clínicas Vitaldent de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVigo
A-
A+

Gozar dunha boa calidade de vida está intimamente relacionado cunha óptima saúde bucodental. Para iso, nada mellor que acudir periodicamente ao odontólogo a previr e solucionar, en caso de necesidade, calquera pequeno problema que nos diagnostiquen na boca. Saúde e sorriso van da man, e nas clínicas Vitaldent de Vigo poderá presumir delas con total garantía.

Gustavo Camañas, Director Médico de Vitaldent

Gustavo Camañas, Director Médico de Vitaldent

De saúde oral falamos hoxe co Director Médico de Vitaldent, Gustavo Camañas.

Doutor Camañas, por que hai que vixiar con atención a nosa saúde oral?

A todos encántanos sorrir con naturalidade e confianza. Iso sen dúbida facémolo cando temos uns dentes bonitos, pero sobre todo sans. Gozar dunha boa saúde oral é importantísimo para gozar dunha boa calidade de vida. Por iso, hai que lembrar aos nosos lectores, que numerosos problemas de saúde xeral teñen a súa orixe na boca. De aí a importancia de acudir con frecuencia ao odontólogo. A miña recomendación é realizar unha visita ao odontólogo –polo menos- unha vez ao ano para que o odontólogo poida diagnosticar de forma temperá calquera posible patoloxía e porlle remedio canto antes. Ademais, será o encargado de valorar se necesitamos unha limpeza bucal profesional.

As clínicas Vitaldent de Vigo son as clínicas de referencia na cidade pola súa atención ao paciente e polas facilidades que dan para acudir ao odontólogo…

Sen dúbida. As clínicas Vitaldent de Vigo preocúpanse por achegar aos veciños a saúde bucodental, e faino pondo á súa disposición a primeira visita completamente gratuíta, a revisión, o diagnóstico e a radiografía. E así ata 24 prestacións sen ningún custo para o paciente. Con todo isto queremos que ninguén poña escusas para non acudir ao dentista e coidar da súa boca con total garantía e calidade. A garantía e calidade que só Vitaldent, como líder, pode ofrecer.

Á parte doutor do que nos comenta, a tecnoloxía ten un valor fundamental para ofrecer aos pacientes tratamentos avanzados…

Sen dúbida. Por iso Vitaldent está permanentemente innovando e á vangarda da tecnoloxía, tanto en materiais como en tratamentos. Queremos ofrecer aos nosos pacientes o mellor e iso só se consegue colaborando cos mellores. Os mellores provedores de materiais, os mellores provedores tecnolóxicos… estamos sempre buscando novos tratamentos para todo tipo de pacientes, para responder a todas as necesidades que teñan. E iso, igualmente, só a día de hoxe se pode atopar en Vitaldent.

Prestacións gratuítas, calidade, tecnoloxía… ademais destes valores Vitaldent, no terreo da saúde a atención personalizada é fundamental…

Por suposto, e en Vitaldent é tan importante ou máis que todo o que mencionamos antes. Todos somos pacientes, iso é indubidable e a todos gústanos sentirnos ben tratados, que o persoal médico estea ben formado, que sexa amable, que sexa profesional… e do mesmo xeito que o equipo médico, o resto de persoas que forman parte da clínica. Nas clínicas Vitaldent de Vigo sabemos o importante que é dar un servizo exquisito aos nosos pacientes, sobre todo porque moitos deles acoden á clínica con temor. Quero trasladarlles a todos os pacientes que nas clínicas Vitaldent de Vigo atoparán un equipo humano comprometido coa súa saúde bucodental pero tamén co seu benestar. Sabemos que os nosos pacientes destacan, entre outras cousas, a excelente atención que lles damos aos pacientes.

Doutor Camañas grazas por estar connosco hoxe.

10 de outubro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.