publicidade hoxe

Allariz acolle a exposición “INFORMAIS Afeitos aos Estados de Feito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Casa da Cultura de Allariz acolle a exposición“INFORMAIS Afeitos aos Estados de Feito” do 29 de setembro ó 10 de outubro.

En 2011 o IGADI, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, elaborou o primeiro “Informe Mundial sobre os Estados de Feito 2011” un documento pioneiro na súa materia a nivel mundial e que recolleu a evolución, actualidade e perspectivas de futuro das entón identificadas 10 entidades para-estatais: Abxasia, Cosova, Nagorno Karabaj, Osetia do Sur, Palestina, Puntlandia, a República Pridnestroviana de Transnistria, a República Turca do Norte de Chipre, Somalilandia e Taiwán.

Esta exposición está composta por 12 paneis que conteñen as claves principais, ilustradas en formato de Ficha- País sobre a realidade dos Estados de Feito.

Os obxectivos principais son dar conta desta problemática e da súa relevancia, traer á actualidade conflictos esquecidos, destacar a inhibición da comunidade internacional fronte a situacións que son padecidas por varios millóns de persoas en condicións de precariedade e combater a indiferenza social.

1 de outubro de 2014 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.