publicidade hoxe

Touro contrata a 3 traballadores para a reparación e mantemento de instalacións e servizos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro contratou a tres traballadores (dous peóns e un oficial) para o mantemento e reparación de instalacións e servizos do propio Concello. Esta actuación está incluída no Programa da Deputación Provincial da Coruña, que financia a contratación de cuadrillas de obras e servizos municipais en concellos de menos de 20.000 habitantes durante 2014. Os tres traballadores, que terán un contrato durante tres meses, incorporáronse onte ás súas novas tarefas. Os operarios traballarán 25 horas semanais.

Entre as tarefas que realizarán figuran a reparación e mantemento dos farois de iluminación pública nos núcleos de Fonte Díaz (Touro), Goleta (Loxo) e A Muíña (Quión). Tamén se dedicarán ao mantemento de vías públicas en diversas parroquias do municipio así como á limpeza viaria en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro.

17 de setembro de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.