publicidade hoxe

Ortigueira investirá 27.000 euros en sinalizar a rede de pistas das parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Concello de Ortigueira acaba de adxudicar o proxecto de mellora da sinalización vertical informativa municipal. Investiranse un total de 26.800 euros en acometer esta actuación que afecta á zona rural e que complementa os traballos desenvolvidos na lexislatura anterior.

A iniciativa, que se centrará fundamentalmente nas parroquias das Neves, O Ermo, Insua e Devesos, permitirá a instalación de 41 sinais de entradas a lugares e outras 30 en cruces, algo importante na medida en que en contribuirá, por exemplo, á rápida localización dos inmobles en caso de emerxencias.

O goberno local incluíu este proxecto, cuxa execución realizará a empresa Ormer Construcións, dentro do Plan de Obras e Servizos 2014, un programa que cofinancian a Deputación da Coruña e o concello.

Deste xeito, o alcalde ortegano Rafael Girón dá resposta á demanda veciñal que reclamaba medidas encamiñadas a mellorar a identificación de lugares, xa que nalgúns puntos os sinais atópanse en mal estado e outros carecen delas.

5 de setembro de 2014 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.