publicidade hoxe

O Concello de Cedeira abre o prazo de preinscripción nas Escolas Deportivas Municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 20142015. Unha ampla oferta deportiva pensada para todas as franxas de idade, necesidades e gustos. Máis de vinte propostas configuran a programación que deseñou a Concellería de Deportes e que se levará a cabo a diario no pavillón polideportivo da vila.

Nela destacan os prezos, moi asequibles para facilitar a participación cidadá. Así, entre as actividades que se ofrecerán destacan as acuáticas, ao dispor de piscina cuberta e, entre elas, clases de natación (para bebés, embarazadas ou sesións libres, entre outras), así como outras disciplinas como patinaxe ata ximnasia rítmica, pasando por baloncesto, bádminton ou tenis de mesa. Para formalizar a inscripción, tan só é necesario dirixirse ao Pavillón Polideportivo.

O custe por actividade oscila entre os 7 e os 12 euros mensuais, que se abonarán en periodos trimestrais (de 21 euros para aquelas de dous días á semana e de 36 euros para as actividades de cinco sesións semanais). Ademáis, o Concello ten aprobados importantes descontos para familias numerosas e para aqueles que se anoten a máis dunha actividade. Pero se as tarifas animan á participación, moito máis o fai a oferta proposta. Cedeira ofrece as seguintes actividades para nenos: educación física de base, ximnasia rítmica, tenis de mesa, patinaxe, bádminton, baloncesto, fútbol sala, natación e natación para bebés. Para adultos, a programación inclúe natación, aquaeróbic, bádminton e ximnasia de mantenemento, así como aeróbic, pilates, baile moderno, aquagym, saúde na auga ou natación para embarazadas.

Dende a Concellería de Deportes sinálase que o prazo de preinscripción aberto hoxe, 15 de setembro, pecharáse o día 20. A partires de entón, a confirmación das prazas produciráse entre o 21 e o 27. Publicaráse o calendario da programación e os listados e, finalmente, as actividades comezarán o día 2 de outubro. Ao marxe das actividades programadas, o Concello ofrece natación libre.

16 de setembro de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.