publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís analizou co alcalde de Mondariz a perigosidade da estrada PO-252

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMondarizPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Mondariz

Cores Tourís na visita a Mondariz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta mañá co alcalde de Mondariz, Julio Alén, para analizar a situación da estrada PO-252 entre Moscoso e Mondariz, ante a elevada perigosidade que presenta.

O alcalde trasladoulle a preocupación do municipio pola falta de seguridade viaria nesta estrada, que conta con tres curvas moi pechadas que crean un tramo moi perigoso.

O obxectivo do alcalde de Mondariz é obter a colaboración da Xunta de Galicia de cara a que se instalen barreiras de seguridade nalgúns tramos, colocándose a protección para ciclomotores.

En relación ás curvas que presenta esta estrada, Julio Alén transmitiu ao delegado territorial da Xunta o seu interese porque sexan corrixidas, de cara a que se mellore a súa seguridade viaria. “Como esta obra suporía un proxecto de maior calado”, explicou o alcalde de Mondariz, “desde o concello comprometémonos a poñer a disposición da Xunta os terreos que sexan necesarios para executar a mellora destas curvas. Non podemos esquecer que recentemente, no pasado mes de agosto, un garda civil sufriu neste mesmo punto un grave accidente de tráfico”.

José Manuel Cores Tourís comunicoulle a Julio Alén que dará traslado da súa demanda á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a súa avaliación.

18 de setembro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.