publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Andaina solidaria en Carballeda de Avia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de Avia
A-
A+

Hoxe da comezo un novo curso en Carballeda de Avia que abre a oportunidade de compartir moitas noticias, adiantos, logros e actividades. Comezarase cunha actividade solidaria que organiza o Concello de Carballeda de Avia, e que conxuga saúde, solidariedade, medio ambiente e turismo, será a VII andaina solidaria Carballeda de Avia “Camiñando contra o Cancro” que terá lugar o próximo Domingo 21 de setembro as 8:30 h. e que partirá do Campo de Fútbol de “ O Lodairo” en Carballeda de Avia.

Existen dúas rutas, unha longa de 25 kilometros de dificultade media, e unha ruta curta de 10 kilometros tamén de dificultade media.

Toda a información da andaina e as inscricións faranse a través do correo nntt@carballedadeavia.com ou nos teléfonos do Concello de Carballeda de Avia 669 35 65 42 – 988 48 70 00. O prazo de inscrición estará aberto ata o propio día da andaina e o prezo da andaina será de 6 euros (3 euros como donativo para axudar a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense).

17 de setembro de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.