publicidade hoxe

A Xunta colaborará co Concello de Cotobade na creación dun novo salón de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión co alcade de Cotobade. Foto: A. Varela

Alfonso Rueda na reunión co alcade de Cotobade. Foto: A. Varela

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, asinaron esta mañá en San Caetano un convenio de colaboración polo cal o Executivo autonómico achega ao concello 20.000 euros para a creación dun novo salón de actividades para a vila.

A actuación que se vai realizar ao abeiro desta colaboración consiste en realizar obras de remodelación da planta baixa da Casa do Concello, actualmente destinada a almacenaxe, co fin de que o Concello poida dispor dunha sala de xuntas ou reunións axeitada as necesidades actuais e as tarefas que leva a cabo no seu día a día: reunións, xuntas conferencias, actividades veciñais, etc.

Como indica o texto do convenio, preténdese converter este espazo, practicamente en desuso, nun lugar aberto ás veciñas e veciños, que facilite a participación cidadá na xestión pública e a mellora desta e do goberno local, atendendo a unha demanda de maior participación, información e transparencia que contribuirá á mellora do procedemento de toma de decisións políticas e a democracia local.

O proxecto deste novo salón de actividades para Cotobade ten un orzamento de algo máis de 63.000 euros, dos cales o Goberno galego achegará case un terzo do total.

25 de setembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.