publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A clínica dental Doctor Otero é elixida establecemento favorito polos clientes do CCA Ribeira Sacra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de agosto nos negocios asociados ao CCA Ribeira Sacra, en Chantada, elixiron como o seu establecemento favorito a clínica dental Doctor Otero.

Este negocio foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que Máis que Comercio! se centra en destacar o traballo dos centros comerciais abertos, unha fórmula que permite, desde o asociacionismo, o desenvolvemento de estratexias para a posta en valor da ampla oferta comercial coa que contan as vilas e cidades galegas, en cuxas rúas comparten espazo coas tendas a hostelería e todo tipo de servizos. Do mesmo xeito, resáltanse os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que en Chantada superou as 2.000 participacións, está a percorrer Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos.

Sol Vázquez Abeal lembrou que o impulso ao asociacionismo é un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria de apoio ao comercio de proximidade, dentro da cal se inclúe o programa de axudas ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos, nas cales o CCA Ribeira Sacra resultou beneficiado con apoios por máis de 38.000 euros.

29 de setembro de 2014 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.