publicidade hoxe

O Rayo Vallecano adéstrase este sábado en Abegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoDeportes
A-
A+

O Rayo Vallecano que prepara o ex deportivista Paco Jémez solicitou ao Deportivo un campo para adestrar na cidade deportiva de Abegondo este sábado 30 de agosto ás 20.00 horas. A intención do equipo madrileño é a de traballar tamén nas instalacións branquiazuis o domingo pola mañá (día do partido en Riazor) e o luns tamén pola mañá.

Pola súa banda, mañá venres 29 de agosto ás 19.00 horas adestrarase en Abegondo o Real Murcia que dirixe outro ex deportivista, José Manuel Aira. Os murcianos mídense ao Racing de Ferrol en partido pertencente á Segunda División B.

28 de agosto de 2014 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.