publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta remite ao Concello de Monterroso a autorización para a construción do cemiterio de Alvaredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoMonterroso
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, remitiu esta mañá ao concello de Monterroso, a autorización da Comunidade Autónoma en solo rústico para a construción dun cemiterio municipal, no lugar de Alvaredo.

Dende a Consellería de Medio Ambiente négase o incumprimento dos prazos ou retraso administrativo, xa que o expediente completo da solicitude tivo entrada no rexistro da Xunta o pasado 26 de maio, foi autorizado e comunicado ao concello dentro do prazo de 3 meses que outorga a Lei do Solo.

Asemade, dende a Secretaría Xeral consideran que a colaboración entre as dúas administracións foi total, xa que o concello estivo asesorado en todo momento para a tramitación deste proxecto.

Dende setembro de 2013, momento no que o concello iniciou os tramites para a concesión da autorización autonómica, a Xunta fixo seguimento do expediente, requirindo en dúas ocasións ao concello que aportase a totalidade da documentación.

A parcela municipal que acollerá o equipamento ten unha superficie total de 13.042 m2, na que se prevé a construción dun edificio de servizos que albergará o depósito de cadáveres, uns aseos e un almacén. Ademais de 666 panteóns e un aparcadoiro público de 65 prazas.

O planeamento vixente no concello de Monterroso son unas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas o 27 de novembro de 1996, polo que é de aplicación o réxime establecido na disposición transitoria primeira da LOUG ao tratarse dun planeamento non adaptado. A actuación cumpre coas condicións de edificación establecidas nos artigos 42 e 44 da LOUG. A ocupación autorizada de parcela será do 17,06 %, a altura de 3,57 m, e a superficie construída: 1.020 m2. A execución da mellora dos accesos no entronque coa estrada será previa ou contemporánea á execución do cemiterio.

26 de agosto de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.