publicidade hoxe

A Deputación de Lugo impulsa os atractivos de Paradela a través das instalacións de San Facundo de Ribas de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoParadela
A-
A+

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou hoxe as novas instalacións da Casa Reitoral de San Facundo de Ribas de Miño, no Concello de Paradela, acondicionadas grazas a unha achega económica, por importe de 45.941 euros, da Deputación de Lugo. Grazas a esta axuda, que supón un 95% do orzamento total das obras realizadas, o complexo situado nos bancais do Miño conta dende agora cun moderno restaurante, así como con renovadas dotacións sanitarias.

No acto, que contou coa presenza de José Manuel Mato, Alcalde de Paradela; Miguel Ángel Gómez Vázquez, delegado de Patrimonio de Bens Inmobles da Diócese de Lugo, e Mª del Mar López García, xerente do Restaurante San Facundo, López Izquierdo destacou que “con esta inversión, a Deputación de Lugo colabora a impulsar o enclave de San Facundo, cunha privilexiada situación paisaxística e unha beleza singular dende o punto de vista arquitectónico, que sen dúbida supón un atractivo engadido capaz de atraer máis visitantes a este Concello e a esta zona, xa premiadas con formar parte da ruta xacobea”.

Do mesmo xeito, a Deputada fixo fincapé en que “se ben as instalacións coas que agora conta esta Reitoral son de primeira, temos que seguir traballando para rematar outras  actuacións necesarias, como o acondicionamento do acceso a este enclave dende a estrada de San Facundo, para poñer en valor como se merece este incomparable conxunto”.

O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, antigo mosteiro, conta dende o ano 1982 coa declaración de Monumento de Interese Nacional, e está formado por unha igrexa románica do século XII e unha casa reitoral, na que se ubican estas novas dotacións turísticas.

11 de agosto de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.