publicidade hoxe

A Carpa Xplora de Xuventude visita Oímbra, Laza e Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLazaMonterreiOímbraOurense
A-
A+

As localidades ourensás de Oímbra, Laza e Monterrei acollerán hoxe a carpa Xplora Xuventude, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que ten como obxectivo dar a coñecer á mocidade galega os recursos e programas dos que dispoñen, ao tempo que contan con asesoramento de técnicos especializados.

Pola mañá, a carpa estará emprazada na Carballeira de Oímbra entra as 11,00 e as 14,00 horas. Pola tarde desprazarase á área recreativa de Laza, onde estará aberta ao público desde as 16,00 e ata as 18,00 horas. Xa por último chegará á alameda de Vilazá de Monterrei, onde manterá a súa actividade entre as 19,00 e as 21,00 horas.

Trátase dunha campaña que se está a desenvolver por toda Galicia, durante os meses de verán. Deste xeito, ata setembro, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán un total de 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

4 de agosto de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.