publicidade hoxe

XVII Subasta de gando selecto da Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXX edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, levará a cabo unha nova actividade o vindeiro sábado 19 de xullo do 2.014: a XVII edición da subasta de gando selecto.

Finalmente son 33 animais de 18 ganderias, todas da provincia de Lugo, as apuntadas para a subasta que terá lugar nuns días no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta. Todas elas ganderías de Control Leiteiro da provincia de Lugo, ofertando tanto vacas paridas “de recén”, como novillas próximas ao parto, ademáis de machos para a monta natural.

Concello

Ganderías

Cabezas

     

A Pastoriza

3

6

A Pontenova

1

1

Baralla

2

4

Barreiros

1

1

Castro de Rei

2

4

Chantada

2

4

Cospeito

3

7

Lugo

1

2

O Corgo

1

2

Paradela

1

1

Xermade

1

1

Total

18

33

Gracias á colaboración de Xenética Fontao, todos os compradores serán obsequidados cun lote de dosis de touros probados, por cada animal adquirido. O transporte dos animais adquiridos corre a conta da comisión para os compradores da provincia de Lugo.

O vindeiro martes día 8 de xullo, terá lugar unha reunión entre Africor Lugo e a comisión organizadora da Moexmu.

Nos vindeiros días, o persoal do Concello de Cospeito, en colaboración coa comisión organizadora procederá á preparación do Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta para que se leve a cabo a XVII edición da subasta o vindeiro 19 de xullo.

Xa se teñen todos os permisos sanitarios concedidos polo Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Organiza a comisión organizora da MOEXMU e Africor Lugo. Colabora o Concello de Cospeito, así como da Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.

3 de xullo de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.