publicidade hoxe

Xabi Aburruzaga band gaña o Proxecto Runas do 30 Festival Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Proxecto Runas 2014, xa ten gañador. Na final do concurso, disputada na noite de onte no Escenario Alameda, impúxose a banda liderada polo trikitilari Xabi Aburruzaga. Así o anunciou a organización ao comezo dos concertos de hoxe. O grupo vasco embólsase os 5.000 euros do premio e asegúrase a presenza no cartel da próxima edición do Festival Ortigueira.

Á segunda vai a vencida, o que fose finalista do veterano concurso de valores emerxentes do 2010, converteuse no gañador do concurso no 30 Festival Ortigueira. O xurado, integrado polo gaiteiro Pepe Vaamonde, polo acordeonista Diego Maceiras e polo mestre gaiteiro Manuel Garrido, concedeu un total de 247 puntos á banda, que deixou atrás aos seus directos competidores.

A tenor do xurado, a proposta de Xabi Aburruzaga band destacou pola orixinalidade do repertorio, a afinación, a calidade dos arranxos, a variedade e uso de ritmos, o emprego de recursos típicos do folk ou a conexión co público. O grupo visitou Ortigueira con novo traballo saído do forno “Geure”, o terceiro da súa discografía.

O segundo posto foi para o Cuarteto Caramuxo (231 puntos) ao que lle corresponde un premio de 3.000 euros. E por último, os tamén galegos Tiruleque, con 208puntos e 2.000 euros de premio.

18 de xullo de 2014 | 23:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.