publicidade hoxe

Touro celebra o seu XII Festival de Bandas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro celebrará o próximo domingo, 27 de xullo, o seu XII Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. O cita musical comenzará ás 17.00 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. No programa participarán a Banda de Música Vila de Cedeira, que abrirá o concerto. Logo seguirá  a Xove Banda de Narón e a Banda de Música Isabel II de Touro será a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofrecerá un repertorio elexido para esta cita. O Concello convida aos veciños e forasteiros para disfrutar dunha xornada de música.

24 de xullo de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.