Os xóvenes de Val do Dubra participan na iniciativa da Carpa Xplora Xuventude

Carpa Xplora en Val do Dubra
Os xóvenes da Baña participaron este fin de semana na iniciativa Xplora Xuventude. A Carpa Xplora Xuventude achegouse ata Bembibre para que os mozos e mozas do Concello e de toda a comarca poidesen coñecer os recursos e programas dirixidos a eles. Esta iniciativa tamén lles ofrece asesoramento por parte de técnicos especializados. A Carpa Xplora Xuventude, iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, estivo instalada na área recreativa de Bembibre (xunto a piscina). Ata alí acercáronse xóvenes do Concello durante toda a mañán do pasado sábado.
A campaña desenvólvese por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede Galega de Dinamización Xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.